Convocatoria de axudas para ensino e transporte. Curso 2020/21

Data presentación
Data presentación fin

O BOP número 171 do 14 de outubro publica as bases que regulan a convocatoria das axudas de ensino e transporte para o curso 2020/21 do Concello de Teo. 

Consulta aquí as bases completas

Descarga aquí o impreso de solicitude das bolsas

Obxecto da convocatoria:

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de bolsas de estudo para os gastos de material escolar, ( poden incluirse como material escolar, instrumentos musicais solicitados polos centros ), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.

Destinatarios/as e requisitos:

Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda: -PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA) -ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores. -FP OU PCPI: calquera centro público -BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores. -UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega. -ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES:Calquera centro galego. -O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.

c) Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2020.

d) Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2020/2021 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO). e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.

g) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra da área de transporte metropolitano de Santiago. Alumnado de: Formación Profesional; PCPI; Universitarios; Alumnado de Bacharelato e  Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes:

a) A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

b) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia, que se fixo o 14 de outubro. O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de outubro ao 12 de novembro de 2020 (ambos inclusive).

Contía das bolsas: 

O Concello de Teo aboará as bolsas aos beneficiarios que reúnan todos os requisitos previstos na base segunda e presenten a súa solicitude dentro do prazo establecido na convocatoria xunto coa documentación requirida na base terceira.

Os importes máximos das axudas de ensino, por alumno/a e curso serán os seguintes:

  • EDUCACIÓN INFANTIL: 100 €
  • 1º A 6º DE PRIMARIA,1º, 2º, 3º E 4º DA E.S.O, PCPI, e outras modalidades de ESO: 100 €
  • ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS: 150 €
  • BACHARELATO, F.P. 150€ UNIVERSIDADE, ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: 200€

Os importes das axudas de transporte, por alumno e curso determinaranse en función da situación do centro educativo:

  • Centros situados fóra da área metropolitana de Santiago: 200 €

Publicado en teo.gal o 14 de outubro de 2020.