O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Contratación Axente de Igualdade.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

RESULTADO DA BAREMACIÓN E PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

Publícase o resultado da baremación do proceso selectivo para a contratación dun/dunha axende de igualdade para o Concello de Teo e a proposta de contratación realizada polo tribunal. 

Consulta aquí o resultado do proceso de selección. 

Publicado en teo.gal o 4 de xaneiro de 2022. 

RESULTADOS PROBA PRÁCTICA CONTRATACIÓN AXENTE DE IGUALDADE

Publícase o resultado da proba práctica do proceso selectivo para a contratación dun/dunha axende de igualdade para o Concello de Teo. 

Consulta aquí o resultado. 

O tribunal acorda reunirse o día 4 de xaneiro de 2022 ás 09:00 horas para efectuar a valoración dos méritos achegados polas persoas que superaron a fase de oposición. 

Publicado en teo.gal o 3 de xaneiro de 2022. 

LISTA DEFINITIVA PERSOAS ADMITIDAS AXENTE IGUALDADE PARA O CIM E DATA DE EXAME.

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun/dunha axente de igualdade para o Concello de Teo.  

Consulta aquí a lista definitiva

Convócase ás aspirantes neste proceso selectivo para a realización da proba práctica (base séptima das bases que rexen a convocatoria) o xoves 23 de decembro de 2021 ás 09:00 horas. 

A proba realizarase na aula de informática municipal, situada no Auditorio Municipal Constante Liste, na Rúa da Lagoa. (https://goo.gl/maps/cUBSTkvedVh1FAWBA)

As persoas aspirantes deberá vir acompañadas do seu documento de identidade para acreditar a mesma.

Publicado en teo.gal o 22 de decembro de 2021.

LISTA PROVISIONAL PERSOAS ADMITIDAS AXENTE IGUALDADE PARA O CIM

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun/dunha axente de igualdade para o Concello de Teo. 

As aspirantes excluídas, ou as omitidas, na relación de persoas admitidas e excluídas, disporán dun prazo de dous (2) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da lista na web e no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. 

O prazo de reclamacións vai do 20 ao 21 de decembro de 2021. 

Publícanse as bases que rexen a convocatoria para a contratación, polo sistema de concurso-oposición, dunha persoa como axente de igualdade para o CIM do Concello de Teo. 

Consulta aquí as bases completas. 

Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2021.