O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CONCESIÓN DO SERVIZO DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TEO

| compartir:

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 11 de agosto de 2016 formalizouse o contrato para a concesión do servizo "ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TEO" entre o Concello e a empresa adxudicataria "AURORA, PILAR Y ANA, S.L.".

 

Publicado no Perfil de Contratnate o día 12 de agosto de 2016

 

ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 3 de agosto de 2016 adxudicouse o contrato para a concesión do servizo "ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TEO" á empresa "AURORA, PILAR Y ANA, S.L." con estrita suxeición aos Pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e á súa oferta, por importe de 410.000,00 € anuais sen IVE.

 

Fixouse o prazo de execución do contrato en 1 ano, contado a partir da data de sinatura da acta de comezo da prestación do servizo, podendo prorrogarse por un período de 1 ano, sen que a duración total do contrato, incluída a prórroga poida exceder de 2 anos.

 

Publicouse no Perfil de contratante o día 4 de agosto de 2016.

A mesa de contratación na súa reunión do 5 de xullo de 2016 acordou reunirse o próximo día 11 de xullo de 2016, fixando para as 13:15 horas do mesmo día a apertura dos sobres C "Proposición económica" en acto de carácter público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do contratante o día 5 e xullo de 2016.

 

Faise público que de acordo cos pregos de cláusulas adminsitrativas aprobados por acordo da Xunta de Goberno Local de data 30/05/2016, a mesa de contratación estará constituída do seguinte modo:

 

-Presidente: O alcalde do concello, ou concelleiro/a en quen delegue

 

-Vocais:

 

  • D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello.
  • D.ª Mónica Lado Varela, interventora do concello.
  • D.ª Eva López Soto, educadora familiar do concello.
  • D. Ignacio Iglesias Villar, concelleiro de benestar social e igualdade.
  • D. Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo mixto.

 

-Secretaria: M.ª Pilar Sueiro Castro, adxunta á secretaría do concello.

 

-Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituíos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; a educadora familiar por D.ª M.ª Consuelo Cajide Lavandeira, psicóloga do concello; o concelleiro de benestar social e igualdade por D. M.ª del Pilar Pérez Fagil, concelleira de cultura e educación do concello. A secretaria da mesa será substituída por D. Luis Enrique Papiri Villanueva, funcionario do concello.

 

Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación administrativa” o día 28 de xuño, ás 13:00 horas nas dependencias municipais.

 

A apertura do sobre B “Documentación técnica” efectuarase o día 5 de xullo, ás 13:00 horas en acto público na Casa do Concello.

 

Publicouse no Perfil do contratante o día 20 de xuño de 2016.

 

A Xunta de Goberno local, na sesión extraordinaria do 30 de maio de 2016 aprobou o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas para a contratación, para a concesión do servizo de escolas infantís municipais do Concello de Teo, procedemento aberto, de acordo co seguinte cadro de características:

 

Entidade adxudicadora: Concello de Teo

 

Obxecto do contrato: "CONCESIÓN DO SERVIZO DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TEO"

 

Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, con varios criterios de valoración

 

Duración do contrato: Un ano, prorrogable por outro ano

 

Orzamento: 415.000€ anuais (IVE excluído)

 

Requisitos do contratista:

 

  • Clasificación: non se esixe

 

  • Outros requisitos: Inscrción no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia

 

Garantía provisional: non se esixe

 

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)

 

Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil de Contratante (www.concellodeteo.com)

 

Proposicións: Poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9 a 14 horas, durante o prazo de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio no BOP

 

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo. Travesía da Ramallosa, 38 - 15883 Teo. Teléfono 981 815 700, Fax: 981 809 401

 

Teo, 31 de maio de 2016

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP do día 4 de xuño de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día