Campamentos rurais 2022.

Data presentación
Data presentación fin

LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS NOS CAMPAMENTOS RURAIS. 

Unha vez rematado o prazo de pagamento publícanse as istaxe definitivas de persoas admitidas nos campamentos rurais.

  • Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas na actividade da escola ecoloxista.
  • Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas na actividade de parkour.
  • Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas na actividade de circo.
  • Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas na actividade de arte e natureza.

Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2022. 

LISTAXES PROVISIONAIS PERSOAS ADMITIDAS NOS CAMPAMENTOS RURAIS 22.

  • Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas na actividade da escola ecoloxista.
  • Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas na actividade de parkour.
  • Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas na actividade de circo.
  • Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas na actividade de arte e natureza.

As persoas admitidas deberán pagar o custe da actividade (20 euros por cada campamento) entre o 13 e o 23 de xuño.

As persoas admitidas recibirán no correo electrónico a folla de pagamento para poder facer o pagamento nun caixeiro, nunha oficina de Abanca ou a través do portal tributario do Concello.

No caso de non pagar no prazo establecido perderase o dereito á praza. Unha vez rematado ese período publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas.

Publicado en teo.gal o 11 de xuño de 2022.

Mocidade presenta os Campamentos rurais para rapazada durante o mes de xullo. 

Programa de actividades:

Escola ecoloxista. Semana do 4 ao 8 de xullo na Casa Común de Cacheiras. No marco desta iniciativa organizaranse rutas de sendeirismo por diferentes lugares do concello, co foco posto en distintas estratexias de supervivencia -orientación, pequenas construcións na natureza...- e abordaranse distintas temáticas relacionadas coa mellora do ambiente.

Parkour. Semana do 11 ao 15 de xullo na Casa Común de Rarís. Cinco días para iniciarse nos xogos e dinámicas propias do Parkour. Os/as participantes deben traer roupa cómoda.

Circo. Semana do 18 ao 22 de xullo no Pavillón de Calo ou no parque de Calo. Nesta semana as acrobacias, os saltos, os malabares, equilibrios, clown serán os protagonistas de xornadas moi divertidas.

Arte e natureza. Semana do 26 ao 29 de xullo na Casa Común de Francos. Esta semana estará adicada á expresión artística a través da ilustración e dos pinceis e pinturas. 

Destinatarios/as: mozos e mozas de 12 a 18 anos (nados a partir do 2010) con preferencia para as persoas empadroadas en Teo.

Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas. 

Inscrición: vai do 23 de maio ao 3 de xuño. Para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede electrónica. No caso de haber máis solicitudes ca prazas, procederase á realización dun sorteo o día 9 de xuño.

A lista provisional farase pública o 13 de xuño e o período de pagamento establecerase entre o 13 e o 23 de xuño. No caso de non pagar no prazo establecido perderase o dereito á praza. Unha vez rematado ese período publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas.

As listaxes publicaranse cun código (nº de rexistro) para evitar a publicación de datos persoais. 

Cota: o custe é de 20 euros por semana. O pagamento farase do 13 ao 23 de xuño. 

Asemade, é posible solicitar transporte para asistir a actividade, pero deberá indicarse na ficha de inscrición para poder xestionar o servizo correctamente. 

Descarga aquí a ficha de inscrición. 

Consulta aquí a información sobre o campamento xuvenil.

Consulta aquí a información sobre o campamento infantil.