Campamentos deportivos da Deputación. Verán 2019.

Data presentación
Data presentación fin

Ábrese o prazo para inscribirse nos Campamentos deportivos organizados pola Deputación da Coruña para este verán 2019. O número de prazas para Teo é de 5 e a data de celebración do 21 ao 26 de xullo.

O campamento está dirixido a rapaces/zas de entre 9 e 14 anos, ambas idades incluídas, cumpridos no presente ano 2019, empadroados/as en Teo.

O lugar de celebración do campamento é no Centro Calvo Sotelo, no Concello da Coruña. Rúa Archer Milton Huntington, 24.

Inscrición: pode facerse ata o 31 de maio entregando a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello acompañando da documentación solicitada.

Descarga aquí  ficha de inscrición.

Documentación: ademais da ficha debidamente cuberta hai que achegar unha foto de carné, fotocopia do DNI ou libro de familia, fotocopia do documento de asistencia sanitaria, no caso de tratamento específicio ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico. Importante facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

O custe do campamento é de 85 euros e non inclúe o transporte de ida e volta.

No caso de que o número de solicitudes sexa maior ca o número de prazas realizarase un sorteo público o martes 4 de xuño ás 10:30 horas na Casa do Concello. (Terán preferencia os/as que non participasen no Campamento Deportivo en edicións anteriores)