Campamento xuvenil 2022

Data presentación
Data presentación fin

LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS NO CAMPAMENTO XUVENIL

Unha vez rematado o prazo de pagamento publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas no campamento xuvenil que podes consultar premendo aquí.

Farase unha reunión informativa sobre o funcionamento dos campamentos o martes 12 de xullo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste. 

Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2022. 

LISTAXE PROVISIONAL PERSOAS ADMITIDAS NO CAMPAMENTO XUVENIL

Publícase a listaxe provisional de admitidas no campamento xuvenil que podes consultar premendo aquí.

As listas aparecen cun código que corresponde co número de rexistro da solicitude para protexer os datos persoais.

A listaxe recolle máis prazas que as ofertadas inicialmente xa que diante da demanda dende a área de Mocidade buscouse o xeito de poder asumir todas as solicitudes que entraron en prazo.

A partir da publicación das persoas admitidas estas recibirán un correo electrónico coa folla de liquidación da taxa. Con esa folla poderán pagar nun caixeiro, nunha oficina de Abanca ou a través de pasarela de pago no portal tributario do Concello cunha tarxeta de débito ou de crédito.

O custe do campamento son 90 euros (agás que se teña dereito a algunha exención) e o período de pagamento vai do 13 ao 23 de xuño.

No caso de non facer o pagamento en prazo perderase o dereito á praza. Unha vez rematado este período publicarase a listaxe definitiva.

Publidado en teo.gal o 13 de xuño de 2022.

A Concellaría de Mocidade abre a inscrición dos campamentos de verán 2022. Este ano os campamentos realizaranse en Santa Cruz de Oleiros.

  • O campamento xuvenil está dirixido a persoas nadas entre o 2005 e o 2009 con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Teo.
  • Celebrarase do 2 ao 10 de agosto en Oleiros.
  • Reserva de praza: do 23 de maio ao 3 de xuño entregando a ficha de inscrición a través da Sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. Para entregar documentación no Rexistro non é preciso pedir cita previa.
  • Número de prazas: 60 + 5 de emerxencia social.
  • Sorteo. No caso de haber máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o xoves 9 de xuño ás 10:00 horas na Casa do Concello.
  • A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase o 13 de xuño na web teo.gal e no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello. As listaxes publicaranse cun código que corresponde co número de rexistro para protexer os datos persoais. As persoas que queiran renunciar á súa praza deben comunicalo por Rexistro ou enviando un correo electrónico a mocidade@teo.gal.
  • O custe do campamento son 90 euros.
  • Prazo de pagamento: haberá que formalizar o pagamento do 13 ao 23 de xuño. As persoas admitidas recibirán un correo electrónico coa folla de liquidación da taxa. Con esa folla poderán pagar nun caixeiro, nunha oficina de Abanca ou a través de pasarela de pago no portal tributario do Concello cunha tarxeta de débito ou de crédito. No caso de non facer o pagamento en prazo perderase o dereito á praza. Unha vez rematado este periodo publicarase a listaxe definitiva.

Descarga aquí a ficha de inscrición para o campamento xuvenil

Para entrar na Sede electrónica do Concello preme aquí

Máis información no teléfono 981.815.700 ou escribindo a mocidade@teo.gal

Consulta aquí a información sobre o campamento infantil.

Consulta aquí a información sobre os campamentos rurais en Teo no mes de xullo.