Bases da convocatoria de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as ano 2019

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as polas actividades realizadas e para a preparación das diferentes competicións durante ano 2019.

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, pre-paración e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2019, con cargo á partida 340/480.00 do orzamento 2019 por un importe total de 38.000 euros, dos que 8.500 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as.Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ade-mais deste xeito formas de ocio alternativo.

BENEFICIARIOS/AS.

a) Os clubs deportivos sen ánimo de lucro con domicilio social no Concello de Teo, inscritos en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas do Concello de Teo e no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, que participen en competicións de carácter oficial e/ou organicen e/ou promovan actividades deportivas. Teñen que pertencer a federacións recoñecidas polo Consello Superior de Deportes ou pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia.

b) Os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter licenza federativa en vigor no momento da solicitude nalgunha das federacións deportivas recoñecidas pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia e/ou polo Consello Superior de Deportes.
  • Ter menos de 31 anos e estar empadroados/as no Concello de Teo con anterioridade á aprobación destas bases.
  • Participar en competicións de carácter oficial e que sexan de ámbito autonómico ou superior.Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as deportistas que participen en competicións por equipos de carácter oficial en formato de ligas regulares.

c) Non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias numeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

ACTIVIDADES E GASTOS SUBVENCIONABLES.

As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:

a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades de participación e/ou promoción deportiva por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2.º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparación menores, que non teñan o carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2019.

b) Gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos durante o ano 2019 dentro do territorio municipal.

c) Aqueles clubs que reciban unha subvención nominativa non poderán concorrer a esta convocatoria co mesmo obxecto de solicitude.

d) Non serán gastos subvencionables:

  • Os xuros debedores de contas bancarias.
  • Os xuros, recargos e sancións administrativas.
  • Os gastos de procedementos xudiciais.

SOLICITUDES.

4.1.–Instancia de solicitude.

As solicitudes presentaranse na instancia formalizada recollida no Anexo I e dirixiranse ao concelleiro de Deportes. Soamente pode presentarse unha única solicitude por club para unha ou varias modalidades. No caso dos/as deportistas soamente pode presentarse unha única solicitude para unha única modalidade ou especialidade.

4.2.–Documentación (están os impresos oficiais na páxina www.teo.gal ou no Departamento de Deportes do Concello). Xunto coa instancia de solicitude do Anexo I e II presentarase a seguinte documentación:

1) CLUBS DEPORTIVOS(datos referentes á tempada 2018/2019 ou o ano 2019 segundo corresponda á modalidade deportiva).

a) Certificado da Federación correspondente onde figuren o número de licenzas, o número de equipos e as categorías onde participa o club solicitante.

b) Declaración responsable asinada polo/a representante do club facendo constar:

  • b1) Deportistas femininas: listaxe con nome e apelidos especificando cales están empadroadas no Concello de Teo (o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).
  • b2) Deportistas masculinos: listaxe con nome e apelidos especificando cales están empadroados no Concello de Teo (o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).
  • b3) Técnicos/as: listaxe con nome e apelidos do persoal técnico do club, a súa titulación e a categoría na que adestren (con fotocopia compulsada do título de maior nivel de cada técnico/a e/ou fotocopia compulsada da súa ficha federativa).

c) Copia cotexada do CIF (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).

d) Memoria descritiva do ano 2018, especificando as actividades/eventos deportivos nos que participou o club e as actividades/eventos deportivos que organizou (se é o caso).

e) Memoria descritiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2019 para a cal se pide a subvención, especificando as actividades/eventos deportivos nos que vai a participar o club e as actividades/eventos deportivos que vai a organizar (se é o caso).

f) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2019.

g) Certificación bancaria do número de conta onde se efectuarán os pagamentos.

h) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente.

i) Declaración responsable conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percep-ción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.k) Declaración de datos e compromisos.

2) DEPORTISTAS FEDERADOS/AS.

a) Copia cotexada da licenza federativa en vigor.

b) Copia cotexada do DNI en vigor (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).

c) Currículo deportivo.

d) Certificación federativa onde figuren as competicións oficiais nas que participou e o resultado obtido no ano 2018.

e) Certificación federativa onde figuren as competicións oficiais nas que participou no ano 2017.

f) Memoria descritiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2019 para a cal se pide a subvención.

g) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2019.

h) Certificación bancaria do número de conta onde se efectuarán os pagamentos.

i) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente.

k) Declaración responsable conforme a que o/a solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.

l) Declaración de datos e compromisos.

m) Última resolución publicada no DOG da Secretaría Xeral para o Deporte onde figure o recoñecemento de Deportista Galega/o de Alto nivel. (se é o caso). Nos puntos h), i) e k) no caso dos menores de idade serán os datos dos titores legais.

Presentación de solicitudes.

As solicitudes e a documentación correspondente presentarase dentro do prazo de 15 días hábiles contados dende o día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, ou en calquera dos lugares aos que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administra-cións públicas.No caso de que as solicitudes se envíen por correo, deberá xustificarse co resgardo correspondente, a data de imposi-ción do envío na oficina de Correos, e anunciar ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981 809 401), telegrama ou correo electrónico (deportes@teo.gal) no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a solicitude de presentación.

Corrección de solicitude.

Unha vez revisadas todas as solicitudes, a aquelas que conteñan erros ou deficiencias comunicaráselles e concede-ráselles un prazo de 10 días hábiles a partir da súa comunicación para a súa corrección. De non emendar os defectos no dito prazo arquivarase sen máis trámite