Anuncio de reclamacións e proposta de contratación no proceso electivo dunha de técnico/a de turismo

Data presentación
Data presentación fin

Publícase o anuncio do proceso de selección dun/unha técnico/a de turismo do Concello de Teo: alegacións á baremación de méritos, reclamacións ao cuestionario tipo test da fase de oposición e proposta de contratación. 

Consulta aquí o anuncio completo e a proposta de contratación

Publicado en teo.gal o 14 de agosto de 2019. 

Publícase o exame do proceso de selección dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo corrixido. 

Consulta aquí o exercicio

Publicado en teo.gal o 06/08/2019

Publícanse  os resultados da fase de oposición e puntuacións finais para a provisión dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo. 

Unha vez realizados os exercicios correspondentes á fase de oposición do proceso para a provisión dun/ha técnico/a de turismo para o concello de Teo. 

Consulta aquí o resultado

Publicado en teo.gal o 02 de agosto 2019. 

Publícase o resultado da baremación de méritos do proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha técnico/a de turismo para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a listaxe coa baremación de méritos dos aspirantes

A comisión de selección acorda emprazar ás persoas candidatas na Casa Común de Oza, para a celebración da fase de oposición, o luns día 29 de xullo ás 09:30 horas. As persoas candidatas deberán presentar o documento de identidade para a súa identificación. 

Podes ver a localización da Casa Común de Oza premendo aquí

Publicado en teo.gal o 18 de xullo de 2019

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista definitiva

Co obxecto de valorar a fase de concurso, os membros do tribunal quedan convocados o mércores 17 de xullo de 2019 ás 09:00 horas na sede da Casa Consistorial. 

Publicado en teo.gal o 12 de xullo de 2019. 

PUBLÍCASE A CORRECCIÓN DE ERROS Á LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE CONCURSO - OPOSICIÓN, DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE TURISMO PARA O CONCELLO DE TEO

Pode consultar aquí a corrección de erros á lista provisional.

As persoas aspirantes e excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou no alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo.

O prazo de subsanación comeza o mércores 10 de xullo e remata o venres 12 de xullo.

De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional elevarase a definitiva.

Publicado en teo.gal o 9 de xullo de 2019.

Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo.

Pode consultar aquí a lista provisional.

As persoas aspirantes e excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou no alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo.

O prazo de subsanación comeza o sábado 6 de xullo e remata o luns 8 de xullo.

De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional elevarase a definitiva.

Publicado en teo.gal o 5 de xullo de 2019.

 

 

 

O Concello de Teo procede á publicación do anuncio da convocatoria, publicado no BOP núm. 115, do 19 de xuño de 2019, da  contratación dunha persoa para a praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo na páxina web do Concello.

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de dez (10) días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (rrhh@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias. No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Técnico/a de Turismo 2019.

Publicado en teo.gal o 19 de xuño de 2019.

 

 

Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo. 

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo. Parte desta contratación está subvencionada, cunha contía de 17.840,00€, pola Deputación Provincial de A Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia de A Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2019, publicada no BOP nº 6, do 9 de xaneiro de 2019.

O contrato efectuarase a tempo completo, cunha duración de oito meses, e baixo a modalidade dun contrato temporal eventual por circunstancias da produción (mod.402).

A persoa seleccionada incorporarase na área de Desenvolvemento Local e dependerá da Concellería competente en materia de Turismo.

Presentación de solicitudes

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina web do Concello (www.teo.gal), no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/), no seu taboleiro de anuncios e no BOP. A publicacióno no BOP aínda está pendente.

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de dez (10) días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (rrhh@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias. No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Técnico/a de Turismo 2019.

Si o último día de presentación das solicitudes recae en día inhábil, o prazo entenderase ampliado ata o día hábil seguinte.

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade da persoa aspirante

- Título requirido para acceder ao proceso selectivo, con arranxo ao sinalado na Base terceira

- Acreditación documental de posuír, de ser o caso, o coñecemento da lingua galega requirido, segundo o sinalado na Base terceira

- Declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou discapacidade que impida exercer a función propia a desenvolver (Anexo III)

- Relación de méritos acompañada dos xustificantes acreditativos destes. Só se terán en conta para a fase de concurso os méritos debidamente acreditados, en todos os seus extremos, dentro do prazo de presentación de solicitudes; e non serán obxecto de toma en consideración, e valoración, os que se acheguen con posterioridade ao remate do dito prazo, que serán considerados como achega de nova de documentación fóra de prazo, ou aqueloutros que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

- Fotocopia do carné de conducir

Cando a relevancia do documento no procedemento esíxao ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Consulta aquí as bases completas da convocatoria. 

Publicado en teo.gal o 14 de xuño de 2019.