O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN CHAVES E RIBEIRA. CONCELLO DE TEO

| compartir:

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 2 de setembro de 2016 formalizouse o contrato da obra "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN CHAVES E RIBEIRA. CONCELLO DE TEO", incluída no PAI adicional 1/2015, entre o Concello e a empresa adxudicataria "CANARGA, S.L.".

 

Publiouse no Perfil de Contratante o día 7 de setembro de 2016.

 

ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 24/08/2016 adxudicaouse o contrato para a execución das obras incluídas no PAI Adicional 1/2015, denominadas "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN CHAVES E RIBEIRA. CONCELLO DE TEO" á empresa "CANARGA, S.L." con estrita suxeición aos pregos de cláusulas administrativas e á súa oferta, polo prezo de 48.099,00 €, IVE engadido (39.751,24 €, máis 8.347,76 € de IVE).

 

Fixouse o prazo de execución do contrato en 2 meses, de acordo co establecido no cadro de características do contrato.

 

Publicouse no Perfil de Contratante o día 30 de agosto de 2016.

 

Faise público que de acordo cos pregos de cláusulas adminsitrativas aprobados por resolución da Alcaldía de data 16 de xuño de 2016, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:

 

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

 

Vogais:

  • Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.
  • Mónica Lado Varela, interventora do Concello.
  • Ignacio soto González, arquitecto municipal.
  • Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
  • Manuel Anxo Fernández Baz, concelleira do grupo municipal mixto.

 

Secretaria:

A adxunta a secretaría do concello.

 

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez e a secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe de servizos adminsitrativos.

 

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 22 de xullo, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

 

A apertura do sobre B “Oferta económica” efectuarase o día 28 de xullo, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.

 

Publicado no Perfil do Contratante o día 14 de xullo de 2016.

 

 

En data 16 de xuño de 2016 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de claúsulas administrativas particulares cos seus anexos, para a contratación, mediante procedemento aberto, con un único criterio de valoración, da obra incluída no PAI adicional 1/2015, denominada “AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN CHAVES E RIBEIRA”, de acordo co seguinte cadro de características: 

Entidade adxudicadora: Concello de Teo.

Obxecto do contrato: obra de “AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN CHAVES E RIBEIRA”.

Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo).

Orzamento: 76.959,88 € (63.603,21 € de valor estimado do contrato e 13.356,67 € de IVE).

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído).

Prazo de execución: 2 meses.

Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o perfil do contratante (www.concellodeteo.com).

Proposicións: poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do último anuncio da licitación que se publique no Boletín Oficial da Provincia ou no perfil do contratante.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallsoa, 38. 15883 Teo. Teléfono 981 815 700. Fax 981 809 401.

Teo, 16 de xuño de 2016

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

Publicado no BOP do día 22 de xuño de 2016 e no Perfil do Contratante o mesmo día