Adxudicación definitiva no procedemento de cesión do uso de cinco hortas urbanas

Data presentación
Data presentación fin

Por Resolución da Alcaldía do 11/02/2020 (res 138/2020), adxudicouse definitivamente, autorizando o uso privativo das parcelas 2,3 e 5 da horta urbana de Campos de Mirabel-Calo e das parcelas 2 e 5 da horta urbana de Tras do Eixo-Cacheiras.

Consulta aquí a adxudicación definitiva

As persoas adxudicatarias deberán acudir ás dependencias municipais no prazo de 8 días desde a recepción da notificación, a fin de asinar a acta de inicio de uso de parcela e compromiso de asunción do disposto no Regulamento das hortas urbanas municipais do concello de Teo. Os/as concesionarios/as terán os dereitos e as obrigas recollidos no artigo 25 e seguintes do dito Regulamento. 

Comunicar que, de acordo coa cláusula 11 do Prego, a autorización, ao tratarse dunha adxudicación extraordinaria de parcelas que se atopan vacantes, rematará no mesmo momento no que remate a adxudicación das demais parcelas adxudicadas nas hortas e, en todo caso, o 15 de xaneiro de 2021. Unha vez esgotado o prazo de concesión a horta
reverterá no Concello.

Publicado en teo.gal o 11 de febreiro de 2020

Á vista do sorteo das parcelas da horta urbana de Campos de Mirabel-Calo(núms. 2, 3 e 5) e das parcelas da horta urbana de Tras do Eixo-Cacheiras (núms. 2 e 5), de acordo co establecido no Prego de condicións aprobado para a concesión das parcelas, aprobado por Resolución da alcaldía de 26 de decembro de 2019 (res 1065/19), e conforme ao establecido no punto 9 do citado Prego, faise a seguinte proposta de adxudicación que podes consulta premendo aquí

Publicado en teo.gal o 28 de xaneiro de 2020

Por resolución da alcaldía do 22 de xaneiro de 2020 aprobouse a lista definitiva de persoas admitidas e excluidas no procedemento de autorización do uso privativo das parcelas 2, 3 e 5 da Horta urbana de Calo e das parcelas 2 e 5 da horta urbana de Tras do Eixo-Cacheiras.

Consulta aquí a lista definitiva

O sorteo terá lugar o vindeiro martes 28 de xaneiro de 2020, ás 10:00 horas, no salón de plenos da Casa Consistorial.  

Publicado en teo.gal o 22 de xaneiro de 2020

Por resolución da alcaldía do 16 de xaneiro de 2020 (res 31/20), aprobouse a lista provisional de persoas admitidas e excluidas no procedemento de autorizacióin do uso privativo das parcelas 2, 3 e 5 da Horta urbana de Calo e das parcelas 2 e 5 da horta urbana de Cacheiras, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes. 

Consulta aquí a lista provisional.

De acordo co disposto no Prego de condicións, exponse esta lista provisional ao público no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello de Teo, a efectos de reclamación, polo prazo de 3 días hábiles. O prazo de reclamación é do 17 ao 21 de xaneiro (ambos días incluídos). 

Publicado en teo.gal o 16 de xaneiro de 2020.

O Concello aproba o Prego de condicións para autorizar o uso privativo das parcelas 2, 3 e 5 da horta urbana de Campos de Mirabel-Calo e das parcelas 2 e 5 da horta urbana de Tras do Eixo-Cacheiras, que se atopan vacantes, aplicando o procedemento previsto no artigo 33 da LPAC.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución na web municipal. A publicación realízase o 27 de decembro de 2019 polo que o prazo para presentar as solicitudes está aberto dende o luns 30 de decembro ao martes 14 de xaneiro (ambos incluídos). 

Consulta aquí o prego completo de concesión de hortas urbanas 

Descarga aquí o impreso de solicitude para participar no proceso de concesión

O prego de condicións regula o procedemento de adxudicación e o contido da autorización para o uso privativo das parcelas 2, 3 e 5 da horta municipal de Calo, e das parcelas 2 e 5 da horta urbana municipal de Cacheiras, habilitadas para hortas urbanas municipais, conforme ao establecido no Regulamento de funcionamento de hortas urbanas municipais do Concello de Teo, publicado no BOP da Coruña de 20 de maio de 2014 (en adiante, Regulamento).

A horta urbana municipal de Calo está situada no lugar de Fixo, urbanización Campos de Mirabel, dentro da parcela 22 do proxecto de compensación do SAUR 2, e ten unha superficie de 720 m2, que se distribúen en 12 parcelas.

A horta urbana municipal de Cacheiras está situada no lugar de Tras do Eixo, parcela 177 do polígono 503, e ten unha superficie de 1.214 m2, que se distribúen en 12 parcelas.

Tras os procedementos iniciados no seu día, para autorizar o uso privativo das citadas parcelas, por ter quedado vacantes ou por posteriores renuncias dos/as adxudicatarios/as, quedan actualmente cinco parcelas dispoñibles, tres na horta urbana de Calo (parcelas 2, 3 e 5) e dúas na horta urbana de Tras do Eixo (2 e 5).

De acordo co disposto no artigo 8 do Regulamento, reservarase un 20% das parcelas para casos de emerxencia social informados polos Servizos Sociais do Concello de Teo e outro 20% das parcelas para persoas maiores de 65 anos.

Están capacitados para presentar solicitudes de participación neste procedemento de adxudicación única e exclusivamente as persoas físicas que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 71 e seguintes da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público como prohibitivas para contratar, e cumpran coas limitacións e requisitos que se establecen no presente Prego e no Regulamento de funcionamento das hortas urbanas municipais do Concello de Teo e demais que, no seu caso, resulten aplicables.

Cando, posteriormente ao outorgamento da autorización, o titular incorra nalgunha das prohibicións de contratar sinaladas, producirase a extinción da autorización.

Co obxecto de evitar posibles especulacións dos bens municipais, os usuarios das parcelas deberán cumprir as seguintes condicións:

1.- Non se poderá autorizar o uso das hortas municipais ás persoas xurídicas.

2.- Non se poderá conceder a unha mesma persoa, nin a unha unidade familiar, máis de unha parcela.

3.- Só poderán solicitar autorización de uso das hortas as persoas que estean empadroadas no concello de Teo.

O Concello de Teo verificará si se cumpren os condicionantes, requisitos e limitacións establecidas no Regulamento. O non cumprimento destes determinará a exclusión do procedemento.

O Concello de Teo poderá recadar información de calquera solicitante en relación a algún dos extremos que sexa necesario para participar neste procedemento.

As solicitudes para ser adxudicatario/a das parcelas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, de 9 a 14 horas (ou de 9 a 13, ata o 7 de xaneiro de 2020), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (en adiante LPAC), durante o prazo de 10 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web do concello de Teo (sen prexuízo así mesmo da súa publicación no taboleiro de anuncios) e utilizándose a estes efectos o modelo incorporado ao presente como anexo II. O prazo de presentación de solicitudes será do luns 30 de decembro ao martes 14 de xaneiro (ambos incluídos). 

As solicitudes que se recibiran fóra do prazo fixado neste prego non serán admitidas, agás o previsto no parágrafo seguinte para as solicitudes remitidas en calquera dos rexistros, distintos do rexistro municipal, previstos no artigo 16.4 da LPAC.

Nestes casos, a persoa interesada deberá acreditar dito envío o mesmo día que se produza, adxuntando o comprobante ou xustificante no correo municipal secretaria@teo.gal.

Sen cumprir tal requisito non será admitida a solicitude no caso de que se recibira con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado neste apartado anterior.

A presentación das solicitudes de adxudicación de parcelas supón a aceptación incondicional do Prego de condicións e de cantas obrigas se deriven do mesmo.

Publicado en teo.gal o 27 de decembro de 2019.