O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ACONDICIONAMENTO DO FIRME DO SOTO E ACCESOS Á NAVE DE PROTECCIÓN CIVIL E SERVIZOS BÁSICOS

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 16/12/2016 adxudicaouse o contrato para a execución das obras incluídas no POS 2016, denominadas "ACONDICIONAMENTO DO FIRME DO SOTO E ACCESO Á NAVE DE PROTECCIÓN CIVIL E SERVIZOS BÁSICOS" á empresa "MECANO OBRAS Y REFORMAS, S.L." con estrita suxeición aos pregos de cláusulas administrativas e á súa oferta, polo prezo de 32.688,31 €, IVE engadido (27.015,13 €, máis 5.673,18 € de IVE).

 

Fixouse o prazo de execución do contrato en 1 mes, contado a partir da data de sinatura da acta de reformulo.

 

Publicouse no Perfil de Contratante o día 20 de decembro de 2016.

 

Faise público que de acordo cos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

   -Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.

   -Mónica Lado Varela, interventora do Concello.

   -Ignacio soto González, arquitecto municipal.

   -Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

   -Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal Mixto.

Secretaria:

A adxunta a secretaría do concello.

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 18 de outubro, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

A apertura do sobre C “Oferta económica” efectuarase o día 21 de outubro, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do Contratante o día 10 de outubro de 2016

 

 

En data 5 de setembro e 2016 aprobouse por Resolución da Alcaldía o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único cirterio de valoración (factor prezo), da obra de “Acondicionamento do firme do soto e accesos á nave de Protección Civil e Servizos Básicos”, incluída no PAS 2015, de acordo co seguinte cadro de características: 

Entidade adxudicadora: Concello de Teo

Obxecto do contrato: ACONDICIONAMENTO DO FIRME DO SOTO E ACCESOS Á NAVE DE PROTECCIÓN CIVIL E SERVIZOS BÁSICOS

Expediente: O-8/16

Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo).

Orzamento: 55.403,90€ (45.788,35€ de valor estimado do contrato e 9.615,55€ de IVE)

Clasificación: Non se esixe

Clasificación aos efectos de acreditación da solvencia: Grupo C, subgrupo 4, categoría a

Garantía provisional: Non se esixe

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)

Prazo de execución: 1 mes

Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil de Contratante (www.teo.gal)

Proposicións: Poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da licitación que se publique no Boletín da Provincia.

Maís información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo. Teléfono : 981 815 700, Fax: 981 809 401

Teo, 7 de setembro de 2016

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP do día 13 de setembro de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día.

Resolto:Resolto