Abre o prazo de inscrición para o curso de graduado en ESO

Data presentación
Data presentación fin
Arquivos

AVISO. O Concello este ano non realizará o curso de obtención do graduado por non acadar o número de solicitudes mínimo.

O Concello abre o prazo para inscribirse nunha nova edición do curso de preparación das probas para a obtención do título de Graduado en ESO. As persoas interesadas deben entregar a ficha de inscrición entre o 17 de xaneiro e o 7 de febreiro (ambos incluídos) no Rexistro Xeral do Concello. Xunto coa solicitude, que podes descargar aquí, hai que presentar unha copia do DNI. 

O curso de preparación das probas para a obtención do título de Graduado en ESO comenzará a mediados de febreiro de 2020 e terá unha duración de seis meses. As clases impartiranse na Casa Común de Oza en horario de 20:20 a 22:40 de luns a venres. Está dirixido a todas aquelas persoas que cumpriran os 18 anos durante o 2019 e que non dispoñan do título. 

A admisión no curso, para o cal se dispoñen 35 prazas, efecturarase orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Teo. Establécese un número mínimo de 15 persoas inscritas para a realización do curso. No caso de non acadalo non se poñerá en marcha.

As instancias poden descargarse premendo aquí ou nas oficinas municipais.