O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Punto limpo

O Punto Limpo do concello de Teo atópase situado na paraxe coñecida como A Lagoa, entre as parroquias de Luou e Recesende. A mellor forma de chegar ata alí é a través da estrada A Ramallosa-Luou (CP-0205), collendo un desvío ben sinalizado antes da ponte do Aido e do cemiterio alí situado.

O Punto Limpo é un servizo gratuíto para os veciños e veciñas de Teo no que poden depositarse todo tipo de residuos excepto os residuos industriais e os residuos infecciosos ou radioactivos. Así, está especificamente deseñado para a recollida de:

  • Papel, vidro e cartón

  • Envases de plástico, briks e latas

  • Electrodomésticos

  • Materiais téxtiles, colchóns, sofás e voluminosos

  • Escombros de pequenas obras

  • Aceites usados, pilas e baterías

  • Disolventes, pinturas e vernices

  • Residuos vexetais

 

HORARIO DE SERVIZO:

De martes a venres: de 10:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h

Sábados: de 10:00a 13:00 h e de 16:00 a 19:00 h

Luns, domingos e festivos está pechado

Contacto: 687 825 130

 

O Concello conta tamén con minipuntos limpos, situados en enclaves urbanos, que permiten o depósito de pequenos obxectos: pilas (convencionais, alcalinas, petaca, botón) e baterías de móbil, teléfonos móbiles, CD / DVD, cartuchos de impresora de inxección, lámpadas de baixo consumo e lámpadas convencionais e halóxenas.

 

 

Punto Limpo Concello de Teo

Contacto

687 825 130

Ubicación

Parroquia de Recesende
Luou

Arquivos descargables