O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Protección Civil

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Teo fúndase no ano 1996. Os voluntarios que existían nun principio encargábanse das tarefas de coordinación dos obxectores nos respectivos operativos que se facían (distintos eventos sociais, culturais e deportivos). Tamén atendían avisos da central de emerxencias 112 (accidentes de tráfico, xeadas, temporais (caída de árbores, inundacións, etc.).

Desde o ano 2006, a agrupación conta con persoal contratado polo concello, que se vinculou aos servizos básicos de intervención en emerxencias dependentes do concello para realizar as tarefas que procedan. Este paso culminou coa creación, en outubro de 2007, do Servizo Municipal de Protección Civil.

Actualmente, conta con 7 persoas contratadas, membros da agrupación, que se encargan de manter o servizo operativo. Estas persoas coordínanse con outras 18, de carácter voluntario, coas que conta actualmente a agrupación e co que fan un número total de 25 persoas.

Horario
De luns a domingo, de 8:00 a 22:00 horas, en horario ininterrompido.

Protección civil

Contacto

proteccioncivil@teo.gal
649 80 47 20 - 112

Ubicación

Avenida S/N
Lucí