O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Casas comúns municipais

O Concello de Teo conta con Casas comúns, instalacións socioculturais municipais que son bens de dominio público e se destinan ó servizo da cidadanía para a práctica das actividades culturais, sociais e veciñais que se axusten ás características dos locais.

Para a súa utilización existe un regulamento que establece o uso e funcionamento dos locais socioculturais municipais do Concello de Teo situados nos lugares de Bamonde, Calo, Campos-Teo, Lampai, Oza, Rarís, Os Tilos, A Torre-Cacheiras, O Grilo-Cacheiras e A Ramallosa.

Ocupación das casas comúns

Co fin de informar aos usuarios e usuarias da súa utilización das casas comúns municipais pode consultar aquí  este calendario.

Método para a solicitude

Calquera persoa pode realizar unha solicitude cubrindo este modelo indicando o día, hora e fin para o que solicita e presentándoa por Rexistro de Entrada na Casa do Concello.

Unha vez autorizado o uso da casa, deberá pagar a taxa correspondente, segundo a ordenanza vixente, mediante este formulario nas oficinas de Abanca ou Sabadell Gallego. 


 

Casa Común Tilos

Contacto

reservas.casas.comuns@teo.gal
981815700

Ubicación

Travesía da Ramallosa nº 38
Teo