Esta concellería asume a responsabilidade de áreas que teñen como obxectivo garantir o desenvolvemento da comunidade.

Nese sentido, entendemos como primordial manter e mellorar as comunicacións mediante transporte público, entre o noso concello e a súa cotorna, e tamén, as comunicacións internas que permitan o desprazamento dos veciños ás distintas parroquias de Teo.


Entendemos tamén que o emprego é unha necesidade e un dereito que debe ser prioritario para calquera administración e, dende o Concello, temos como obxectivo promover a formación e orientación tanto para demandantes de emprego coma para emprendedores, e mesmo, a xestión de ofertas de emprego.


Conscientes do gran patrimonio natural, social, arqueolóxico e cultural do noso concello, tamén é o noso interese promocionar estes valores e atraer visitantes que desfruten do noso patrimonio e estimulen a actividade comercial e hosteleira municipal.
Dende esta concellaría tamén se xestionan os temas relacionados con administración electrónica e contratación.

Contacto: conchigarcia@teo.gal