As liñas de traballo na área de Deportes centrarase durante este mandato na visión do deporte como saúde e en potenciar prácticas deportivas minoritarias.

A Concellaría de Deportes ve o deporte como saúde e como un xeito de socialización e benestar dos cidadás e das cidadás do municipio, atendendo a toda a variedade deportiva existente.
Tentarase favorecer a práctica deportiva adaptada a cada veciño e veciña, prestando especial atención á xente nova para crear hábitos deportivos e con intención de favorecer as tendencias deportivas de aquelas persoas que raramente practicaron deporte ao longo de súa vida. En particular, prestarase especial atención a favorecer a práctica deportiva a persoas que o teñen máis difícil actualmente: o deporte feminino, o deporte de persoas con discapacidade...etc.
Tamén potenciaremos os deportes minoritarios para que haxa un abano maior de modalidades deportivas en Teo. E esto mantendo o apoio aos deportistas profesionais veciños do Concello para que poidan ser referentes da xente moza e difundan os beneficios da vida
No ámbito das infraestruturas deportivas, apóstase pola optimización das instalacións existentes, coexistencia de diferentes actividades nos mesmos espazos e nos mesmos tempos, favorecendo así a difusión de diferentes modalidades deportivas.

Contacto: jorgecarballido@teo.gal