O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Taller de pedagoxía da luz para crianzas

O programa Apego organiza un taller de Pedagoxía da luz para este mes de xaneiro. Será o sábado 29 de xaneiro ás 11:30 horas na Casa Común de Oza.

A pedagoxía da luz é un xogo sensorial onde se adquiren coñecementos sobre o comportamento da luz,cor e sombras. O taller está dirixido a familias copn crianzas de 1 a 6 anos.

As prazas son limitadas a 15 crianzas e a actividade é de balde con inscrición previa. Para anotarse hai que enviar o nome completo das persoas asistentes e DNI, no caso de telo, ao enderezo-e lingua@teo.gal

pedagoxía da luz
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento