Charla sobre un uso saudable das novas tecnoloxías. Escola de familias.

xogos

Comeza a Escola de familias cunha charla o sábado 22 de xaneiro sobre o Acompañamento no uso saudable das novas tecnoloxías. A charla, dirixida a familias con nenos/as dende infantil ata secundaria, será no Auditorio Municipal Constante Liste de 11:30 a 13:30 horas.

A inscrición hai que facela escribindo a educacion@teo.gal indicando os datos das persoas asistentes, un teléfono de contacto, e se precisan servizo de gardaría.

Máis información sobre esta actividade premendo aquí.