O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Visita teatralizada na ruta da Batalla de Cacheiras. Persoas adultas.

Turismo e Os Quinquilláns ofrecen rutas dramatizados sobre a Batalla de Cacheiras nas fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro. A ruta ten 9 quilómetros polo que se oferta unha ruta para persoas adultas, dende Bamonde ata Montouto, cun autobús de volta ao remate da andaina e outra ruta máis curta para familias na que só se chega ao Recobio nun tramo de algo máis de quilómetro e medio. Durante o percorrido o actor e actriz dos Quinquilláns farán varias paradas nas que debullarán parte deste acontemento histórico. 

O 31 de xullo temos ruta para persoas adultas. Os grupos serán de quince persoas e a saída farase ás 10:00 horas dende a Reitoral de Bamonde. Hai que levar roupa e calzado cómodos para andar. Para participar é preciso inscribirse e podes facelo premendo aquí

 

 

quinquilláns
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia