O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Proxéctase a película "Ons" en Calo

O autocine chega a Calo o venres 25 coa proxección da película Ons ás 22:00 horas no aparcadoiro da escola infantil de Calo. 

As prazas son limitadas polo que hai que reservar entrada:  

  • Prioridade para a veciñanza empadroada nas propias parroquias onde se proxecte o filme e por orde de apuntamento.
  • A través das comisións de festas, asociacións, ou colectivos de referencia a nivel parroquial, no caso de habelos, ou no enderezo electrónico: autocinecultura@teo.gal, ou no telefóno 981941063 en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres, indicando o nome e apelidos, número de DNI, teléfono, aldea e parroquia, matrícula do coche e a película que quere ver.
  • Non se poderá asistir sen previo apuntamento para a retirada da entrada e sen cumprir os requisitos.

Podes consulta a programación completa do autocine deste ano premendo aquí

ons
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento