
O 24 de decembro ás 16:30 h. teremos en Montouto e Cacheiras un gran pasacalles. Chegan a Teo Os Apalpadoriños de Nelson Quinteiro, un espectáculo de rúa con música e cabezudos e gaiteiros.
Ao ser un espectáculo de rúa non é preciso reservar entrada. Dende o Concello lémbrase a necesidade de gardar a distancia de seguridade.