Obradoiro de educación afectiva e sexual

obradoiro

O CIM presenta un obradoiro de educación afectiva e sexual "Entre nós conversando sobre sexualidade" dirixido a mulleres. Farase do 4 ao 25 de maio os martes e xoves de 18:00 a 20::0 horas na Casa Común de Oza. 

Esta actividade é de balde e o prazo de inscrición remata o 29 de abril ou cando se esgoten as prazas. Para anotarse hai que enviar un correo-e a cim@teo.gal ou chamar ao 981.938.475. 

Haberá servizo de canguraxe con solicitude previa e cun mínimo de persoas que o demanden.