Obradoiro de adornos de Nadal

adornos

A programación de Nadal oferta talleres de adornos de Nadal para este mes de decembro. Serán para crianzas e son de balde. Pero para participar é preciso anotarse premendo aquí

A inscrición abrirase o venres 10 ás 10:00 horas. As prazas son limitadas e a actividade está destinada só a nenos/as empadroados/as en Teo.  

O mércores 22 teremos obradoiro de adornos de Nadal para cativada de 6 a 12 anos. Será na antiga escola de Ameneiro de 11:30 a 13:30 h. e na antiga escola de Tras do Eixo de 16:00 a 18:00 h. Os talleres serán impartidos por David Orihuela, mestre da Escola de artes plásticas municipal. Os materiais serán facilitados polo Concello e despois do obradoiro a rapazada levará algún adorno para colocar na súa árbore ou nalgunha das árbores de noso que están xa instaladas por todo Teo. 

Consulta o resto da programación de Nadal en Teo premendo aquí