O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Inauguración comunitaria das "Árborese de noso"

O sábado 11 seguimos adornando as Árbores de noso entre todas. Teremos unha inauguración comunitaria con chocolate e na que vos animamos a traer unha bola ou adorno para as árbores. As árbores son obra do ebanista de Lampai Rodrigo Mosquera, unha peza de artesanía local. 

A inauguración comunitaria o sábado será nos seguintes lugares e horarios:

  • Cacheiras: 12:30 h.
  • A Ramallosa: 13:00 h. 
  • Luou: 13:30 h. 
  • Montouto: 18:00 h. 
  • Pontevea: 18:30 h. 

 

 

 

decoracion
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento