O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Festival de Maxia co mago Dani Polo

Festival de Maxia remata o sábado 18 coa xove promesa Dani Polo e a súa proposta para público familiar Enmaxiarte. A función será no Auditorio Municipal Constante Liste dende as 18:00 horas. 

Enmaxiarte é un espectáculo cun formato novidoso e con efectos máxicos sorprendentes. Poderase desfrutar de diferentes elementos, maxia participativa, humor e ilusións de gran impacto.

A entrada será de balde pero é convinte reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos persoais dos asistentes así coma un número de teléfono de contacto. 

No caso de que non se complete a capacidade do auditorio coas entradas, permitirase acceder sen reserva ata cubrir as prazas ese mesmo día. 

maxia
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento