Facemos un maio con Apego

maio

Construción do maio e obradoiro Argallando de brinquedos

Con Oli Xiraldez e Cé Orquestra Pantasma

 

Sábado, 8 de maio ás 11 h

Área recreativa de Mouromorto

Oli Xiráldez, artesán teense, será o encargado de dirixir a construción grupal e colectiva da figura dun maio.

Cé Orquestra Pantasma acompañará a construción cun obradoiro de liberdade absoluta. Manipulando materiais naturais e orgánicos e empregando ferramentas, as crianzas partícipes poden transformar, modificar e crear libremente brinquedos e outros obxectos.

Dirixido a crianzas de 0 a 6 anos.

 

Prazas limitadas a 30 persoas, distribuídas en grupos de 6. De balde con inscrición previa.

Inscricións a partir do 4 de maio, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes e DNI (no caso de telo) ao enderezo-e lingua@teo.gal