O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Concerto de Paco Nogueiras co seu Radio Bule Bule

O xoves 23 de decembro teremos na Ramallosa o concerto Radio Bule Bule de Paco Nogueiras. Esta actividade está dirixida a un público familiar e comeza ás 18:00 horas. 

A entrada é de balde pero hai que facer reserva escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos persoais das persoas asistentes e un teléfono de contacto. 

Radio BULEBULE é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Trátase dun traballo premiado na categoría de Música Infantil nos VIII Premios Martín Códax da Música celebrados no ano 2021.

Así que sintonizade Radio Bule Bule e bulide a reservar entrada! 

radio bule bule
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento