Autocine en Reis coa Familia Adams

autocine Teo

O 30 de outubro temos a última sesión de autocine da tempada. Será coa película A familia Adams ás 21:00 horas no Aparcadoiro da Asociación A Pontevella. É unha película para todos os públicos. Para asistir hai que reservar as entradas escribindo a autocinecultura@teo.gal ou chamando ao 981.941063.