O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A ruta do túnel prográmase de novo para o 14 de xuño

A concellaría de Deportes volve a programar a Ruta do túnel para o domingo 14 de xuño ás 10:00 horas. Trátase dunha actividade programada inicialmente para o San Martiño que houbo que cancelar polo mal tempo. Nesta ocasión, e dadas as circunstancias provocadas pola crise sanitaria, haberá que anotarse para participar. As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 981.815.700 ou enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal

A ruta sairá da escola de Francos e ten un percorrido circular de oito quilómetros e dificultade baixa. Dende Francos pasarán por O Vilar, Bascuas, Veitureira, O Areal, O Faramello para volver á zona de inicio do percorrido. "A andaina centra a súa atención na primitiva liña do camiño de ferro galego, Cornes-Carril, no treito que quedou en desuso en 2007 logo da instalación da nova vía férrea do ave e da apertura do novo túnel do Areal" segundo nos explica Pablo Sanmartín, arquiveiro municipal. 

Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.

ruta do tunel
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia