Obradoiro de musicoterapia para mulleres

musicoterapia

O CIM programa un obradoiro de musicoterapia dirixido a mulleres. A actividade será o 25 de agosto e os días 1 e 8 de setembro de 10:30 a 12:30 no Auditorio Constante Liste. É de balde e as mulleres interesadas poden anotarse enviando un correo electrónico a cim@teo.gal ou chamando ao teléfono 981.938.475. Máis información sobre as actividades do CIM premendo aquí