O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Festeo 19-21 xuño

O Festeo será este ano en liña. E poderase seguir dende o facebook das Bibliotecas municipais de Teo as fins de semana do 5 ao 21 de xuño: https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo

Polo tanto, un ano máis aínda que de xeito diferente, o Festeo reflexará a actividade cultural dos colectivos teenses e virá cargado de música, baile, teatro, patrimonio, xunto cos vídeos integrais do Cantateo 2019 e os Entroidos 2020.

O Festeo rematará na seguinte fin de semana, o venres 19 da man de Aspamite e da asociación Bolborotea que nos achegarán o seu gran de area dende o punto de vista da cultura da diversidade. O sábado 20 daremos paso á Asociación Recreativa e Cultural dos Tilos cos seus traballos no eido da animación sociocultural xunto coa asociación Teenses pola Igualdade que nos poñerá a súa cor lila en igualdade.

O Festeo dará remate co broche final dos Entroidos dos Xenerais 2020 en Teo, da man das asociacións culturais: Pozo da Xerpa, O Demo de Reis e O Carme de Teo. Poderemos ver imaxes inéditas do Arquivo Oral de Teo destas tres parroquias cun dos últimos eventos culturais realizados no ano 2020 antes de entrar no confinamento.

Máis información sobre o Festeo 2020 premendo aquí

festeo
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento