Festeo 12-14 xuño

festeo

O Festeo será este ano en liña. E poderase seguir dende o facebook das Bibliotecas municipais de Teo as fins de semana do 5 ao 21 de xuño: https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo

Polo tanto, un ano máis aínda que de xeito diferente, o Festeo recollerá a actividade cultural dos colectivos teenses e virá cargado de música, baile, teatro, patrimonio, xunto cos vídeos integrais do Cantateo 2019 e os Entroidos 2020.

A seguinte fin de semana daremos paso o venres 12 ao Colectivo A Rula e A Regionalista que nos achegarán o seu gran de area do patrimonio material e inmaterial. O sábado 13 continuaremos dando paso á música das nosas bandas coa Banda Cultural de Teo e a Banda da S. R. de Calo. Remataremos esta fin de semana festeira coa proxección integral do Cantateo 2019 na cal participaron a Coral do Cruceiro do Monte, a de San Simón de Cacheiras, a de San Miguel de Rariz, a polifónica da S.R. de Calo, e a da Mámoa de Luou, conducido este evento da man do mestre de cerimonias Esteban Fuentes. Un día inesquecible para as corais, cantadores e cantadoras de Teo.

Máis información sobre o Festeo 2020 premendo aquí