O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

COMPLETO. Concerto de Fran Amil no Auditorio

AVISO. O aforo do concerto xa está completo. Desculpen as molestias. 

Fran Amil presenta o seu espectáculo Chuches Amil no Auditorio Municipal Constante Liste o sábado 2 de xaneiro ás 18:00 horas. Trátase dun concerto familiar. A entrada é de balde pero hai que reservar entrada escribindo ao correo-e: entradascultura@teo.gal indicando o nome das persoas que asistirán e un teléfono de contacto.

Podes escoitar cancións de Chuches Amil premendo aquí

A actividade é para persoas empadroadas en Teo.

Máis información sobre a programación cultural de xaneiro premendo aquí

chuches amil
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento