O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Cine ao aire libre: María Solinha

O sábado 12 teremos unha nova sesión de cine ao aire libre. Poderemos ver María Solinha na Praza dos encontros, na Ramallosa. Ás 21:00 horas teremos a presentación da película co seu director, Ignacio Vilar e ás 21:30 farase a proxección da mesma. Neste filme participa a actriz e veciña de Lampai Mabel Rivera. O aforo é limitado co acceso por entrada que se pode reservar no 881957534 ou no 881956010 previamente en horario de 08:00 a 14:00 horas. 

Cultura con seguridade

A programación da actividade está adaptada ás normativas en vigor da Covid-19 e supeditada a posibles cambios. 

maria solinha
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento