O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Amplíanse os días de atención pola exposición pública da ampliación da AG-59

Amplíanse os días de atención ao público pola exposición pública da Autovía AG-59 xa que os días previstos, os mércores de decembro xa están ocupados. Deste xeito o arquitecto municipal atenderá tamén os luns 21 e o 28 de decembro de 11:00 a 14:00 horas. Para concertar cita hai que chamar ao número do Concello: 981.815.700. 

A ampliación da autovía afecta directamente á parte sur do Concello e o período de exposición e de formulación de alegacións comeza o 19 de novembro e remata o 4 de xaneiro.

As persoas que queiran consultar o proxecto poden premer aquí e facer a descarga. 

Descarga aquí  e aquí o listado completo de persoas con bens afectados pola expropiación. 

 

autovia
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento