O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

LGx15, ideas para o futuro da lingua

Experiencias, argumentos, opinións, propostas, palabras, reflexións... Ideas!

LGx15 é iso, un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.

En LGx15 interveñen diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual –a través de charlas dun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.

No acto, ademais, hai música e humor, o que o fai un acto festivo e divertido. Despois do evento, as charlas, as ideas, difúndense en vídeo a través da rede.

As entradas poden ser mercadas cun prezo reducido de 6 euros en:

LGx15 é un evento organizado pola CTNL no que colabora o Concello de Teo

LGx15
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento