O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A compañía De Ste Xeito presenta Lolo e mamá no Auditorio Constante Liste

O sábado 9 de marzo ás 21:00 horas no Auditorio Constante Liste da Ramallosa, De Ste Xeito presenta o espectáculo teatral "Lolo e mamá", con dirección de  Esther Carrodeguas. O texto, escrito pola directora, narra como Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente? Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

Recomendada para público adulto (recomendad a partir dos 12 anos), a entrada é de balde ata completar aforo.

 

Lolo e mama no Auditorio Constante Liste
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia