O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Proxección do film "Sicixia" e coloquio na Biblioteca do Grilo-Cacheiras

O venres 14 de decembro ás 20:00 horas na Mediateca do Grilo, proxectarase a película Sicixia. Paseo polo amor e a Costa da Morte (Ignacio Vilar, 2016). O filme narra como Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.

Contará coa presenza de Ignacio Vilar, director da película para presentar a película e un debate posterior.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Sicixia na BPM do Grilo-Cacheiras
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia