O CATASTRO NOTIFICA A TRAVÉS DO BOE A CASE 1.200 PERSOAS AFECTADAS POLA REGULARIZACIÓN CATASTRAL

21-04-2016
A Xerencia Rexional do Catastro, responsable do proceso de regularización catastral, publica no BOE do 20 de abril de 2016 unha listaxe de case 1.200 persoas de Teo que non puido notificar por correo postal. O anuncio de notificación especifica que se dispón de quince días para recoller a notificación nas oficinas do Catastro en Coruña (Comandante Fontanes, número 7, A Coruña). Dende o Concello, a pesar que non ser un proceso municipal estase facilitando copia da notificación.

O VINDEIRO 26 DE ABRIL COMEZA A ACTIVIDADE "IOGA DO RISO"

19-04-2016
O 26 de abril comeza a actividade “Ioga do riso”, organizada dende o Departamento de Benestar do Concello de Teo. Tódolos los martes a partir dás 20:00 horas, os asistentes poderán desfrutar, na Casa Común de Rarís, de sesións nas que, grazas ao ioga e a o riso, mellorarán as súas vidas, reconectando co benestar, experimentando a alegría, disfrutando da paz e oxixenando a vida.

COMEZAN AS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DA BATALLA DE CACHEIRAS ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE CULTURA

18-04-2016
O Concello de Teo comezou o sábado 16 de abril coas actividades conmemorativas da Batalla de Cacheiras, cas cales, segundo a Concelleira de Cultura, Pilar Faxil, “non celebramos unha guerra, senón un acto histórico que marcou a historia da Galicia contemporánea”.

O DEPARTAMENTO DE DEPORTES CONMEMORA O 170 ANIVERSARIO DA BATALLA DE CACHEIRAS COA CARREIRA PEDESTRE O 24 DE ABRIL

18-04-2016
O vindeiro domingo 24 de abril celebrarase a tradicional Carreira Pedestre. Organizada dende a Concellaría de Deportes, está aberta tanto a atletas federados como non federados. Este ano, segundo o Concelleiro de Deportes, Jorge Carballaido, “quérese poñer en valor o trazado orixinal da batalla”, polo que os corredores discorrerán polo trazado que percorreu o Xeneral de la Concha na batalla de Cacheiras, o que suporá unha oportunidade de desfrutar da historia de Galicia e do deporte ao mesmo tempo.

O ALCALDE DE TEO E O CONCELLEIRO DE DEPORTES RECIBIRON ESTA MAÑÁ A BORJA GOLÁN

18-04-2016
O Alcalde de Teo, Rafael Sisto, e o Concelleiro de Deportes, Jorge Carballido, reuníronse esta mañá co xogador de squash Borja Golán, na actualidade o 15º mellor do mundo. Nesta reunión, á que veu acompañado polo Presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya, quíxose resaltar a laureada traxectoria do deportista, natural de Teo, ademais de celebrar a consecución do campionato nacional, celebrado o pasado 10 de abril e co que suma o título número 14 a o seu palmarés nesta competición.

O CONCELLO ACOLLE "LIBRETEO", UN EVENTO SOBRE SOFTWARE E CULTURA LIBRE

15-04-2016
Durante toda a xornada do sábado 30 de abril terá lugar no Auditorio da Ramallosa “LibreTeo”. Con esta actividade, organizada por AGASOL en colaboración cos Departamentos de Promoción Económica e Mocidade do Concello de Teo e Boa Idea, quérese promover no Concello “unha comunidade tecnolóxica, non só para profesionais, senón tamén para que os tecidos asociativos do municipio participen nela” segundo indica Conchi García, concelleira de Promoción Económica.

O CONCELLO ACADA 100.000 EUROS DA XUNTA PARA ACONDICIONAR A PRAZA CIRCULAR DOS TILOS

13-04-2016
O Concello de Teo acada un investimento de máis de 100.000 euros para o acondicionamento da Praza Circular da urbanización dos Tilos, dentro do Plan Hurbe da Xunta de Galicia. A intervención foi ratificada esta mañá coa sinatura dun convenio de colaboración entre a administración local e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, representadas polo tenente de alcalde, Ignacio Iglesias, e a conselleira, Beatriz Mato.

BATALLA DE CACHEIRAS O CONCELLO CELEBRA O 170 ANIVERSARIO DA BATALLA DE CACHEIRAS CUNHA PROGRAMACIÓN COORDINADA ENTRE DEPORTES E CULTURA

13-04-2016
Está mañá presentouse na Casa Común dos Tilos a programación para conmemorar o 170 aniversario da Batalla de Cacheiras. Estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Pilar Faxil e o Concelleiro de Deportes, Jorge Carballido. Acompañáronos no acto o mestre Humberto Busto, o escritor Xosé María Lema e, pola parte deportiva, o ciclista Ezequiel Mosquera, responsable técnico da carreira pedestre, e a atleta Yolanda Gutiérrez.

COMEZA A FORMACIÓN DO PRIMEIRO GRUPO CO QUE SE TRABALLARÁ A TRAVÉS DO PROGRAMA VIVES EMPLEA

13-04-2016
Hoxe presentouse no Salón de Plenos do Concello de Teo o primeiro grupo de traballo do programa “Vives Emplea”. Na presentación, estiveron presentes o Alcalde de Teo, Rafael Sisto, o Concelleiro de Benestar Social, Ignacio Iglesias, a xestora de programas de inclusión socio laboral en Galicia de Acción contra el Hambre, Susana Quintas e a coordinadora, Mª Ángeles Rodiño.