TEO PARTICIPA, CON SANTIAGO E AMES, NUN CONCURSO DE CARTAS DE NADAL QUE ANIMA AOS MÁIS PEQUENOS A CULTIVAR O GALEGO

03-12-2015
Teo participa, xunto cos concellos de Santiago e Ames, nun concurso de cartas de Nadal no que se anima aos máis novos/as a utilizar a nosa lingua "cultivando o galego como unha semente cara o futuro". De feito o lema elixido para esta campaña, impulsada dende os departamentos de Normalización Lingüística, é "Este Nadal...Cultívao diariamente".

TEO REIVINDICA CUNHA VOZ ÚNICA A POSTA EN MARCHA DA LIÑA INTERIOR DE TRANSPORTE DE XEITO INMEDIATO

01-12-2015
O Concello de Teo esixe de xeito unánime a posta en marcha inmediata da liña interior de transporte. Esta mañá, na Casa do Concello, representantes de todas as forzas políticas (Son de Teo-Anova, PSOE, PP e BNG) acompañados dunha representante da plataforma cidadá Teo Bus amosaron as súas reinvindicacións de melloras no transporte metropolitano.

O CONCELLO RECIBE A VISITA DO DEPUTADO PROVINCIAL DE VÍAS E OBRAS PARA COÑECER AS ESTRADAS QUE PRECISAN MELLORAS URXENTES

01-12-2015
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, recibiron no Concello ao deputado provincial de Vías e Obras, José Manuel Pequeño. No encontro explicáronlle as necesidades urxentes de melloras da seguridade viaria nalgunha das estradas provinciais que cruzan Teo.

AS OBRAS DE MELLORA DO PAVIMENTO EN PARQUE MONTOUTO PROVOCARÁ CORTES DE TRÁFICO EN VARIAS RÚAS ENTRE O 30 DE NOVEMBRO E O 3 DE DECEMBRO

27-11-2015
O Departamento de Obras do Concello informa que entre os días luns 30 de novembro e o xoves 3 de decembro realizaranse melloras do pavimento na urbanización Parque Montouto. Estes traballos provocarán cortes de tráfico e a prohibición de estacionar nas rúas afectadas.

O CLUB DE DEBATE, UNHA ACTIVIDADE PARA O ALUMNADO DO IES, TEN ABERTO O SEU PRAZO DE INSCRICIÓN

26-11-2015
Esta actividade, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística municipal, ten como obxectivos impulsar o uso oral da lingua galega e crear un pensamento crítico entre a mocidade. O equipo gañador absoluto obterá como premio unha viaxe multiaventura en grupo valorada entre 4000 e 5000 euros.

O CONCELLO ORGANIZA A FEIRA LOCAL DE SEGUNDA MAN O 12 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN DA RAMALLOSA

26-11-2015
O Concello de Teo organiza a Feira local de segunda man o próximo sábado 12 de decembro. Trátase dun mercado cidadán aberto á participación de asociacións e particulares e realizarase no pavillón polideportivo da Ramallosa. Calquera entidade ou persoa interesada en participar pode pórse en contacto co departamento de participación veciñal, que coordina a actividade, nos seguintes números de teléfono: 981 809 707 ou 981 815 700.

O CONCELLO MANTÉN O SEU COMPROMISO NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

24-11-2015
O Concello de Teo amosou publicamente o seu compromiso na loita contra a violencia de xénero. Con motivo da celebración do 25-N fíxose pública unha declaración institucional na que se destaca que este gravísimo problema lonxe de ser un drama persoal é un problema que invade ámbitos sociais e comunitarios, afectándonos a todas e todos no seu conxunto. En definitiva é un problema que lle afecta a toda a sociedade. Consulta aquí a declaración institucional

O CONCELLO DE TEO VISIBILIZA O PROBLEMA DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA INTERVENCIÓN DE ARTE URBANA NA RÚA

21-11-2015
O departamento de Igualdade do Concello de Teo quere chamar a atención sobre o problema da violencia de xénero e apostou por facelo cunha intervención de arte urbana na rúa. Estes días estanse realizando dous graffitis en dous espazos nas vías que cruzan o Concello, na N-550 (á altura da Casalonga) e na AC-841 (á altura da Ramallosa).