EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL ATA O VINDEIRO 9 DE NOVEMBRO PARA POSIBLES RECLAMACIÓNS

02-11-2015
Diante da próxima convocatoria ás Eleccións a Cortes Xerais 2015, que se celebran o 20 de decembro, a Oficina do Censo Electoral comunica aos Concellos que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será entre os días 2 e o 9 de novembro, ambos incluídos. Para consultar os datos pódese facer telefónicamente no 901-101-900 ou na Sede electrónica do INE premendo aquí

A FEIRA DO SAN MARTIÑO TRAERÁ DE NOVO A MILLEIROS DE PERSOAS Á CARBALLEIRA DE FRANCOS

30-10-2015
O 11 de novembro, festivo local, Teo está de festa e celebraráo cos milleiros de persoas que encherán a carballeira de Francos en Calo coa feira cabalar do San Martiño. Este mércores os cabalos, os postos de venda de polbo e os/as visitantes volverán a ser os protagonistas dunha celebración tradicional e popular.

A OBRA DE LUÍS IGLESIA E XAVIER DEIVE FILOSOLFANDO PECHA O MES DO TEATRO EN TEO

29-10-2015
O Mes do teatro de Teo pecha este sábado 31 de outubro coa obra de Luís Iglesia e Xavier Deive, Filosolfando. Dous dos actores máis coñecidos polo público, despois de presentar o ano pasado Sede de mal, presentan esta nova proposta para adultos escrita e dirixida polo tamén actor Avelino González. A función será ás 21:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa.

O PLENO DO CONCELLO DE TEO VOTARÁ UNHA MOCIÓN CON MOTIVO DA MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

28-10-2015
A corporación teense reúnese este xoves 29 de outubro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O CONCELLO PUBLICA A CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE ENSINO CUNHA BONIFICACIÓN PARA OS ESTUDANTES QUE USEN A TARXETA DO TRANSPORTE METROPOLITANO

26-10-2015
O Concello de Teo publica a convocatoria anual das bolsas de ensino e o transporte para o curso escolar actual 2015/16. A maior novidade que se recolle é unha nova bonificación para os estudantes que usen a tarxeta do transporte metropolitano en Santiago de Compostela ou nos 18 Concellos que forman a área de influencia do transporte metropolitano de Galicia. Esta bonificación suporá unha rebaixa do 50% do custo da viaxe para 40 expedicións cada mes. O único requisito para contar con esta bonificación é ter matrícula nun centro de ensino da Área de Transporte Metropolitano de Santiago.

ESTE VENRES 23 DE OUTUBRO PROGRÁMASE PETER PUNK: CHUNGATRONA NO LUGAR DO ENSAIO DO ESPECTÁCULO ÍNTIMO

22-10-2015
Dende o Departamento de Cultura informan de varios cambios na programación do mes cultural. Este venres 23 anúlase o ensaio aberto do espectáculo Íntimo de Pista Catro Produtora de Soños previsto para as 19:00 horas. No seu lugar programouse a peza Chungatrona de Peter Punk para un público familiar, neste caso comezará ás 18:00 horas. Trátase dunha obra onde se mesturan o clown, os malabares e o humor. Será no CSC da Ramallosa e a entrada é de balde. Os cambios na programación son causa de problemas da produtora.

ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS REFLEXIONA EN TEO SOBRE A XESTIÓN MUNICIPAL DO DERITO HUMANO Á AUGA

20-10-2015
Enxeñería sen Fronteiras organiza mañá mércores en Teo o foro aberto ‘A xestión municipal do dereito humano á auga’, que terá lugar ás 19 horas no salón de plenos, coa colaboración do Concello. A actividade está vinculada ao proxecto que a ONGD desenvolve en Honduras para mellorar o acceso á auga potable co apoio do Fondo Galego de Cooperación e, polo tanto, do consistorio teense, que forma parte desta rede solidaria de municipios e deputacións.

O CONCELLO DENUNCIA O ROUBO DE MATERIAL DO SERVIZO MUNICIPAL AUGAS DE TEO POR UN VALOR SUPERIOR AOS 8.000 EUROS

20-10-2015
Dende o Concello de Teo presentouse denuncia denuncia nos últimos días por un roubo de material do servizo municipal de augas Augas de Teo por un valor superior aos 8.000 euros. O roubo foi o 15 de outubro pola tarde nun local anexo a un dos depósitos municipais de auga, concretamente o dos Tilos.


CONCELLO LEMBRA QUE OS RECIBOS DO IBI COA LIQUIDACIÓN POLA REGULARIZACIÓN CATASTRAL SE PODEN FRACCIONAR

15-10-2015
Nos últimos días estanse comezando a recibir en Teo as notificacións das liquidacións do IBI dos inmobles afectados pola regularización realizada polo Catastro, dependente do Ministerio de Facenda. Esta liquidación recolle o exercicio actual e os de exercicios pasados se é o caso. Dende o Concello quérese destacar a posibilidade que existe de fraccionamento do pago ademais de lembrar que esta regularización afecta a unha porcentaxe de ao redor do 30% dos recibos totais. A maioría dos contribuíntes teenses pagarán o mesmo que o ano pasado.