O CONCELLO CONVIDA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NOS ACTOS POLO DÍA DA MULLER

08-03-2016
O Concello de Teo celebra o Día da muller cun acto institucional o 7 de marzo na Casa Consistorial. Será dende as 19:30 horas no salón de plenos e na primeira parte do acto darase lectura á declaración institucional . A continuación contaremos coa actuacion musical de Paulina Ceremuzinska. O acto pecharase coa sesión de contacontos da Boapipa coa temática Lavandeiras.

O CONCELLO PEDIRALLE AO CATASTRO UN AUMENTO DO PRAZO DE ALEGACIÓNS NA REGULARIZACIÓN CATASTRAL

08-03-2016
O goberno de Teo acordou solicitar unha ampliación do prazo de alegacións na regularación catastral. Nos últimos días están chegando aos particulares as notificacións dende a Xerencia Rexional do Catastro que depende do Ministerio de Facenda. Nesta comunicación dase un prazo de quince días para alegar, que dende o Concello se considera escaso.

O PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN TEO DECIDE RECIBE MÁIS DE 60 PROPOSTAS PARA SENDAS PEONÍS QUE SE AVALIARÁN NUN FORO ABERTO

04-03-2016
O programa Teo decide: camiños seguros é a primeira iniciativa de participación cidadá impulsada polo Concello de Teo. E os resultados iniciais de participación non poden ser máis positivos. Segundo explican o concelleiro de participación cidadá, Ignacio Iglesias, e a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus, nesta primeira parte do programa xa se acadou unha alta participación e recolléronse máis de 60 propostas veciñais de sendas. O 12 de marzo na Casa do Concello celébrase un Foro aberto entre as 10:30 e as 13:00 horas de onde sairá un mapa de prioridades.

A CONCELLARÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA UNHA XUNTANZA EN PONTEVEA PARA INFORMAR SOBRE UN MERCADIÑO EN PONTEVEA

03-03-2016
A concelleirade Promoción Económica, Conchi García, vai celebrar un encontro cos/as veciños/as de Pontevea, para coñecer as opinións dos residentes na zona, sobre a celebración dun mercadiño que foi solicitado polo colectivo de vendedores ambulantes. A xuntanza, na que tamén estará o concelleiro de Participación Cidadá, Ignacio Iglesias, será o venres 4 de marzo ás 21:00 horas na Cafetería O Atallo, na estrada do Castro.



A CONCELLARÍA DE CULTURA PON EN MARCHA AS BEBETECAS NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE CACHEIRAS E OS TILOS

27-02-2016
A concellaría de Cultura de Teo, dirixida por Pilar Faxil, pon en marcha as Bebetecas nas bibliotecas públicas de Cacheiras e Os Tilos. As bebetecas son un espazo de atención á pequena infancia, nenos e nenas de ata tres anos, no que poderán facer o seu primeiro achegamento ao mundo dos libros.

O CONCELLO DE TEO ACTUALIZA A TOPONIMIA NA CARTOGRAFÍA DOS CENTROS ESCOLARES MUNICIPAIS

25-02-2016
Durante esta mañá, coincidindo coa semana dedicada a Rosalía de Castro, o alcalde de Teo, Rafael Sisto, xunto coa concelleira de Educación, Salomé Beiroa, percorreron os tres CEIPs municiapais (Calo, Os Tilos e A Ramallosa) para participar xunto cos escolares nunha acción de normalización lingüística, un intercambio de cartografía antiga e deturpada por novos mapas cos actuais topónimos.

REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSTAS DE SENDAS PEONÍS PAR AO PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ TEO DECIDE

25-02-2016
Remata o prazo para que calquera persoa interesada poida facer as súas propostas de sendas peonís a través do programa de participación cidadá Teo decide: Camiños seguros. Calquera colectivo ou individuo pode achegar coa data límite do venres 26 de febreiro as súas ideas ou prioridades de sendas para Teo a través dunha ficha que se pode descargar da web municipal e enviar a teodecide@concellodeteo.com

COMPARECEN AS CONCELLEIRAS DE SEGURIDADE CIDADÁ E URBANISMO NO PLENO ORDINARIO

24-02-2016
A corporación teense reúnese este xoves 25 de febreiro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.