O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo celebra o Festeo o 11 de xuño

| compartir:

Volve o Festeo e volve Sés a Teo. A cantante xa estivera hai uns anos precisamente no Festeo e neste 2023 será o peche dunha xornada de encontro entre as asociacións de Teo. O Festeo e a Feira da Terra celébranse este ano o 11 de xuño na carballeira de Francos. 

Dende as 11:30 horas haberá feira da Terra con postos de artesanía, obradoiros en vivo, ademais de alimentación e posto de polbo. A feira está organizada pola asociación A Carballeira de Francos. 

Xa pola tarde o protagonismo será para os grupos e asociacións teenses con actuacións musicais e mostras deportivas. 

Dende as 16:40 actuararán a A. C. A Rexionalista, a A.C. Rosalía de Castro (Cacheiras), a A.C. Cruceiro do Monte (Solláns) coa súa coral, as pandereteiras da AA.VV. dos Tilos, a S. R. de Calo, a A. C. A Mámoa de Luou, as pandereteiras da A. C. Cruceiro do Monte e a Banda Cultural de Teo. 

Tamén desde as cinco da tarde, noutro espazo da carballeira haberá mostra de pezas de aeromodelismo, mostra e xogo de baloncesto (Galogrín), tiro con arco e karate e judo. 

Así mesmo haberá mesas de Aspamite, a Asociación contra o cancro e Cruceiro do Monte para que estas entidades poidan dar a coñecer a súa actividade. 

Concerto de Sés

E para pechar esta xornada festiva, na que a música é un dos elementos centrais teremos o concerto de Sés. A actuación será ao aire libre e de balde, como é habitual no Festeo. 

Nesta ocasción Sés chega para presentar o seu último disco Diante un eco. Trátase do seu oitavo traballo discográfico. Segundo explican dende o seu espazo web "Diante un eco é tamén para SÉS unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza". 

 

festeo

festeo