O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Preséntanse alegacións ao proxecto das marquesiñas na AC-841

| compartir:

O Concello vén de presentar alegacións en relación co proxecto "Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús na RAEG na zona su ATM de Santiago". O documento enviado á Axencia Galega de Infraestruturas, promotora desta iniciativa financiada con fondos Next Generation EU, recolle o espíritu da proposta aprobada no pleno celebrado o 9 de febreiro no que se pedía que a Xunta revise a localización daquelas paradas que teñen unha localización complexa, e que non melloran a seguridade e accesibilidade peoníl. Tamén se pedía que se teña en conta o impacto que ten esta actuación na perda de prazas de aparcamento, sobre todo na zona de Cacheiras que é un dos núcleos comercias máis activos do municipio e que se estuden mecanismo compensatorios pola perda destas prazas por parte da Consellería. 

Volvendo ás alegacións, no texto destácase que a parada situada nas inmediacións da gasolineira de Pontevea non parece incrementar a seguridade viaria, con entrada e saída de vehículos continuada. As alternativas propostas son un traslado de localización, ben a un punto posterior máis preto da ponte ou a unha localización antes da entrada ao núcleo de Pontevea onde xa hai unha marquesiña de transporte escolar con espazo para crear unha zona de seguridade e accesibilidade. 

Na zona de Cacheiras faise fincapé na perda de prazas para estacionar nunha zona comercial xa moi deficitaria neste senso polo que se reclama unha solución técnica que minimine esta diminución de prazas como por exemplo o uso de espazo de propiedade privada pero de uso público que está neste mesmo entorno e podería usarse para colocar algunha das marquesiñas. Tamén se pide a revisión dalgunhas ubicacións ao ter proxectadas dúas paradas en só 120 metros na mesma marxe da estrada, tamén en Cacheiras. 

O Concello está tramitando a creación dun aparcamento próximo á zona comercial, preocupados pola problemática coa que se atopa o tecido comercial polo déficit de prazas que este proxecto pode agravar. 

Pontevea