O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O domingo haberá servizo de transporte gratuíto para os colexio do pavillon da Ramallosa e do pavillón de Calo

| compartir:

Este domingo 28 de maio, día das eleccións municipais, haberá servizo de transporte gratuíto para algúns dos colexios que cambian de ubicación respecto doutras citas electorais. 

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, publica un bando sobre o transporte gratuíto para a xornada electoral para os colexios que cambiaron de ubicación. Diante da convocatoria das eleccións autonómicas do día 12 de xullo, considerando que pola situación creada pola pandemia da COVID-19 autorizouse o traslado dos colexios electorais tradicionalmente situados na MEDIATECA de Cacheiras para o pavillón Ezequiel Mosquera da RAMALLOSA, e na Escola da CASALONGA para o pavillón Municipal de CALO, e que isto pode provocar que as persoas que queiran exercer o seu dereito a voto non teñan medios adecuados para trasladarse ata o colexio electoral que agora lles corresponde infórmase: 

O Servizo de transporte ao colexio electoral é gratuíto e irá debidamente identificado. 

MESAS 01 001 A e 01 001B (antes na MEDIATECA)

Saídas cara A Ramallosa (Pavillón Ezequiel Mosquera).

Horas de saída dende a rotonda da Gaiteira (GADIS):

Domingo 28 ás 10.00h, 11.00h, 12.00h, 18.00h e 19.00h

Servizo de volta dende A Ramallosa ás 10.40h, 11.40h, 12.40h, 18.40h e 19.40h

Este autobús fará as seguintes paradas tanto nas viaxes de ida coma de volta: Rotonda da Gadis (saídas), marquesiña entre o Betos e a farmacia, parada xunto á ITV e antes da rotonda de Catro Camiños (Monolito Bus Comarcal). 

No colexio da Ramallosa estará aberto o portalón grande para que se poida usar o aparcamento e facilitar o acceso ao pavillón. 

MESAS 01 005 A e 01 005B (antes na Escola CASALONGA)

Saídas cara Pavillón Municipal de CALO. 

Horas de saída dende Casa Común de FRANCOS.

Domingo 28 ás 10.00h, 11.00h, 12.00h, 18.00h e 19.00h

Servizo de volta dende Calo ás 10.40h, 11.40h, 12.40h, 18.40h e 19.40h

Este autobús fará as seguintes paradas tanto nas viaxes de ida coma de volta: cruceiro de Francos (saída), marquesina do Bar Touceda na rotonda do Espiño, marquesiña da Casalonga (antes da gasolinera) e na marquesiña de Rodiñas (entrada desvío cara Texexe).  

Se algunha persoa precisa contactar co Concello para solventar algunha dúbida durante a xornada electoral pode chamar ao 981.815.700. 

bus