O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O alcalde comprométese coa veciñanza de Lucí a non utilizar o espazo da escola como aparcadoiro

| compartir:

O acalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira María López, mantiveron unha xuntanza esta mañá cun grupo de veciños e veciñas de Lucí en relación co posible uso de aparcadoiro do espazo posterior á casa común. O rexedor comprometeuse coa veciñanza a non utilizar ese espazo como estacionamento e estudar a humanización do mesmo, atendendo ás necesidades da poboación da parroquia. 

O Concello ten un problema, que lle afecta a todo o termo municipal, coa necesidade de retirar vehículos abandonados na vía pública. Esa retirada hai que facela temporalmente a un espazo para facer custodia deles antes de ser considerados residuos. Entre as opcións que se están estudando valorouse utilizar ese espazo en Lucí. Sen embargo, diante da posición veciñal mantívose esta reunión con eles/as. 

Esta mañá na xuntanza o alcalde explicou a problemática mais atendeu as consideracións da veciñanza da parroquia, e comprometeuse con eles a non instalar alí o depósito de coches e seguir estudando outras alternativas. 

As persoas que asistiron á reunión tamén lle demandaron a humanización do espazo. Rafael Sisto e María López acordaron con eles ver que elementos se podían colocar nese emprazamento. 

 

luci