O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

En marzo pódese solicitar praza nas escolas infantís municipais

| compartir:

Teo conta con tres escolas infantís municipais, en Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Son centros xestionados directamente dende o Concello ao ser servizos municipalizados dende o curso 2018/19. No mes de marzo ábrese o proceso de admisión para o novo curso que comeza en setembro. 

Renovación

Entre o 1 e o 15 de marzo abre o prazo para renovar praza para os/as nenos/as que xa están asistindo a algunha das escolas e cuxos membros da unidade familiar se atopen empadroados no Concello. Os impresos para renovar entregaranse nas escolas ou podes descargalo premendo aquí e deben presentarse por rexistro dentro do prazo sinalado.

Novas solicitudes

Entre o 16 e o 31 de marzo ábrese o prazo para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou cuxa data prevista de parto sexa anterior ao 1 de xuño. Os impresos de solicitude poden recollerse nas escolas, nos servizos sociais ou descargar na web municipal.

Reunión informativa

O 15 de marzo ás 19:00 horas no Salón de plenos convócase unha xuntanza dirixida ás persoas que fagan a solicitude por primeira vez para dar información do proceso de acceso, do funcionamento das escolas ou solventar dúbidas.

Podes consultar aquí as táboas informativas cos prezos para o vindeiro curso escolar. A atención educativa deste servizo está bonificada ao 100%. O servizo de comidas págase cun baremo que ten en conta a renda familiar. 

Tamén podes consultar aquí o baremos de puntos para o acceso ás escolas. 

Para calquera información poden chamar ao teléfono 881819356, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, ou no enderezo electrónico eimteo@teo.gal