28-03-2023

O mércores 29 de marzo celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Un dos puntos que se votarán será a liquidación definitiva do contrato do Concello de Teo coa empresa Aquagest/Viaqua. Esta liquidación recolle, en base ao Auto número 168/2022 do Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Santiago, que a empresa ten que ingresarlle ao Concello 877.764 euros.
Na sesión tamén se votará a conformidade ao convenio de colaboración co Sergas que permitirá a construción dun novo centro de saúde na Ramallosa.
Orde do día completa:
- Aprobación das actas das sesións ordinarias do 26/10/2022 e 30/11/2022.
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 238/23 á Res 383/23).
- Dación de conta do cumprimento do artigo 104 Bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
- Dación de conta do informe de morosidade e PMP 4º trimestre 2022.
- Dación de conta do informe de intervencióin de control interno do exercicio 2022.
- Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de suplemento de crédito para afrontar as obras do Pirep.
- Ditame da proposta da alcaldía de liquidación definitiva do contrato do Concello de Teo coa empresa Aquagest/Viaqua en conformidade co Auto número 168/2022 do Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Santiago.
- Ditame da proposta de alcaldía de aprobación de convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Teo para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.