28-02-2023

Este mércores 1 de marzo celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
- Aprobación da acta da sesión ordinaria do 28/0972022.
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 66/23 á Res 237/23).
- Proposta da alcaldía de toma de coñecemento da renuncia como concelleira de Dª Patricia Castelao.
- Proposición da alcaldía de ratificación decreto POS de 14.02.263 (Res 198/23).
- Proposición da alcaldía de ratificación do POS social de 14.02.2023(Res 197/23).
- Proposición da alcaldía de presentación de candidatura de renovación do Concello de Teo como cidade amiga da infancia.
- Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de recoñecemento extraxudicial de crédito -REC 01/23.
- Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de recoñecemento extraxudicial de crédito da liquidación da obra "Camiños escolares seguros" -REC 03/23.
- Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE, de rexeitamento dun depósito municipal de vehículos abandonados na parcela da Casa Común de Lucí.
- Ditame da moción do grupo municipal do BNG, de oposición á instalación dun depósito municipal de coches na contorna da Casa Común de Lucí, e realización dun proxecto de esparcimento na mesma.
- Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE solicitando o cumprimento das rutas escolares en Teo por parte da Xunta e de Monbús.
- Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre o impulso de medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galiza.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.